Fene se prepara para vivir a 32ª edición do Día do Deporte na Rúa

A concellería de Deportes de Fene anuncia para este domingo 5 de xullo, a 32ª edición do Día do Deporte na Rúa. A xornada, que incluirá múltiples actividades deportivas e de lecer para todos os públicos, desenvolverase de 10.30 a 14.00 horas na avenida do Tarrío, rúa San Salvador e arredores do CCRD de Perlío.

Foto arquivo concello de Fene

Un dos grandes atractivos desta nova edición do Día do Deporte na Rúa será, sen dúbida, a tirolina xigante que voltará a Fene instalándose na avda do Tarrío (perto do Centro de Saúde). O horario da mesma será: o sábado, de 17 a 20 horas, o domingo, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, e o luns, de 17.00 a 20.00 horas.

Foto arquivo Concello de Fene edición anterior
Foto arquivo Concello de Fene edición anterior

A maiores, o domingo pola mañá, no marco do 32º Día do Deporte na Rúa, haberá en Perlío diferentes espazos para practicar tenis, judo, defensa persoal, taekwondo, karate, orientación, xadrez xigante, fútbol, pintadas, futbolín humano inchable, tobogán inchable, inchable de saltos con obstáculos, remo con pantalla, esgrima, chave, boccia, slackline, baloncesto en cadeira de rodas, baloncesto 3×3, hockei, indiaka, bádminton e volei con pelota xigante

Tamén se anuncian obradoiros de nutrición e valoración funcional, de circo (malabares e equilibrismo), de elaboración de chapas, circuito de karts e zona xigante de xogos tradicionais.

Foto arquivo Concello de Fene edición anterior

A participación en todas as actividades será de balde e as persoas que participen en cinco actividades, poderán facerse cunha camiseta conmemorativa da xornada, até esgotar existencias.

ORGANIZA: Concello de Fene (Concellería de Deportes) // COLABORAN: Deputación da Coruña, Eroski Fene, Colexio Jorge Juan Perlío, CCRD Perlío, Escudería Scratch Fene, Club Kang, Club Artes Marciais Fene, Escola de Judo Fene e Familia Bértoa.

Lea también

Ortigueira y Xunta avanzan en la mejora de la residencia de mayores con una inversión de 48.000€

El alcalde, Valentín Calvín, ha firmado un convenio con el Consorcio Galego de Servizos de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *