Neda pecha o curso das escolas deportivas nas que participaron preto de 250 persoas

O Concello de Neda despide este martes as últimas actividades do programa “Nedactívate” do curso 2025-2026. Un total de 245 persoas participaron dende o mes de outubro nas diferentes escolas deportivas e nos obradoiros de estimulación cognitiva municipal. Iniciativas que volverán tras o verán.

Exhibición alumnado patinaxe no Roxal/ Fuente Concello de Neda

A oferta incluíu nos últimos nove meses unha decena de propostas deseñadas para fomentar a actividade física e a vida saudable, especialmente entre a poboación adulta do municipio. tendo como escenario principal, aínda que non único, o centro cívico da vila.

As modalidades deportivas de maior éxito foron pilates (nada menos que 47 persoas,en varios grupos), ioga, e ximnasia de mantemento. E entre a rapazada volveron triunfar as clases de patinaxe na pista polideportiva do Roxal.

A programación habitual incluíu ademais adestramento funcional, ximnasia saudable, ximnasia terapéutica, zumba, e ximnasio. En total, unhas 40 horas semanais de clases.

Tamén consolidaron a súa boa acollida por parte dos máis maiores as actividades realizadas no ámbito do benestar social. Así, os grupos de memoria, que se reúnen na biblioteca, sumaron ata 27 participantes, e o de mentes activas, que se desenvolve na casilla do Puntal, unha ducia.

A administración local retomará, como vén sendo habitual, a programación regular de cursiños tras a tempada estival, un período no que se  organizarán actividades acuáticas e deportivas destinadas especificamente ao público infantil.

Lea también

Finalizan en Neda los trabajos de construcción de la nueva rotonda de Xuvia

Finalmente han concluido las obras de la rotonda de Xuvia, una intervención solicitada por el …