A programación cultural de xullo en Valdoviño se inicia cun concerto de Attic na praia de Pantín

Celebrarase este xoves ás 19:30 horas, unha vez rematen as probas do día do Campionato de España de Surfing que se disputa na fábrica das ondas.

Attic

O Concello de Valdoviño convida a veciños e visitantes a asistir este xoves 2 de xullo a un concerto moi especial na praia de Pantín. Coincidindo coa celebración do Campionato de España de Surfing, a fábrica das ondas converterase no escenario privilexiado para o concerto de Attic, proxecto musical que integran a solista Eva Tenreiro e o guitarrista Jose Pérez.

Comeza sobre as 19:30 horas, na contorna da caseta de socorrismo, e unha vez rematen as probas do día na competición. Inaugúrase así a programación cultural deseñada pola Concellería de Cultura para este mes de xullo.

Cunha traxectoria amplamente consolidada, Attic destaca pola súa capacidade para crear atmosferas íntimas, cálidas e cheas de complicidade co público. O seu repertorio viaxa a través de clásicos de sempre e temas actuais, transformados baixo o filtro que caracteriza á banda.

Para esta ocasión en Valdoviño, o dúo promete un percorrido emocional onde a calidade vocal e os arranxos acústicos serán os grandes protagonistas. Unha oportunidade perfecta para gozar da música en vivo nun formato próximo e elegante nunha contorna única.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …