A XXIX Travesía a Nado regresa a Ares o 18 de xullo

A concelleira de Deportes, Alma Barrón, e o técnico municipal da mesma área, Javier Sánchez, presentaron na casa consistorial a próxima edición da Travesía a Nado Ría de Ares, un dos eventos con maior tradición e raigame no verán aresán.

No acto de presentaron oficial, debullaron o funcionamento desta proba que se celebra o 18 de xullo a partir das 17:30 horas. A rampla grande de Ares centralizará a actividade, onde nadadores e nadadoras de todas as idades, dende os máis pequenos aos veteráns, botaranse á auga para cumprir coas distancias, variables en función da categoría, que propón a Travesía a Nado: dende os 100 m. da categoría popular aos 1.000 m. do percorrido máis longo.

Aos gañadores absolutos tanto en categoría masculina como feminina, mais tamén ao nadador/a máis mozo e ao máis veterán, entregaranse trofeos conmemorativos. E no que atinxe á categoría popular, para todas as idades, todos os participantes nela terán a súa medalla da Travesía a Nado ao non haber pódium como tal.

PRAZAS E INSCRICIÓNS

Travesía a Nado Ría de Ares edicións anteriores
Travesía a Nado Ría de Ares edicións anteriores

Segundo recolle o regulamento da proba, habilitaranse 150 prazas que se reservarán vía telemática na web do Concello, www.concellodeares.gal. 

O período de inscricións  está aberto ata as 14:00 horas do 15 de xullo, cun prezo de 3 euros de participación agás a categoría popular (100 m.), que é de balde. Na información organizativa tamén se especifica que estará permitido o emprego de traxe de neopreno e que haberá unha zona de recuperación e avituallamento tras cruzar a liña de meta con bebidas quentes, frías e froita.

A concellaría de Deportes estendeu o seu agradecemento ás entidades involucradas na XXIX Travesía a Nado, fundamentais na materialización do evento un ano máis: dende o Club Náutico Ría de Ares a Serviocio BE ONE, o Club Natación Ferrol, o Club Marítimo de Redes e Protección Civil.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …