Comeza o prazo de solicitude ás subvencións de entidades da deputación

diputacionA presentación de solicitudes de subvencións no 2013 será máis áxil e  sinxela grazas ao novo proceso de presentación vía web. A Deputación da  Coruña pon en marcha por primeira vez para as convocatorias de axudas a  actividades deportivas, culturais, de promoción económica e servizos  sociais destinadas tanto a entidades como aos concellos da provincia da  Coruña.

Os concellos e entidades interesadas en pedir as axudas provinciais durante este exercicio so terán que acceder á páxina web oficinal da Deputación na pestana Subvencións  e acceder ao apartado ‘Subvencións 2013’. O prazo de presentación comezará o 15 de xaneiro e estará aberto ata o 15 de febreiro para os concellos e ata o 22 de febreiro para as entidades.

O proceso para presentar as solicitudes de subvencións é moi sinxelo e totalmente gratuíto. So será preciso rexistrarse como usuario na web subministrando un enderezo de correo e un contrasinal nun proceso que leva uns minutos e, unha vez rexistrado, cubrir os formularios de solicitude de subvención e achegar a documentación correspondente.

En canto á documentación requirida, os solicitantes poderán achegala vía web en formato PDF, sendo o proceso similar a incluír un arquivo adxunto nun correo electrónico. Os solicitantes tamén terán a opción de entregar a documentación de forma presencial nas oficinas de rexistro xeral da Deputación, en Correos ou nas oficinas de rexistro dos concellos, neste caso terán que facer sempre referencia ao número de solicitude telemática correspondente.

Por último, haberá que confirmar a solicitude de subvención antes do fin do prazo de presentación de solicitudes xa sexa desde a páxina web mediante sinatura electrónica (para o que é preciso o DNI electrónico,un certificado dixital da FMNT ou un certificado dixital de empregado público) ou, en caso de carecer de sinatura electrónica, poderán confirmarse as solicitudes imprimindo o resgardo da solicitude desde a páxina web, asinándoo e entregándoo no rexistro xeral da Deputación, nunha oficina de Correos ou na oficina de rexistro dos concellos da provincia da Coruña. Para as subvencións relativas a concellos, si será indispensable o certificado dixital.

Por outra banda, informámoslles que A Deputación da Coruña ofrece unha nova versión, ampliada, actualizada e mellorada, do programa ‘Conta Doada’.

A aplicación ten como obxectivo facilitar o cumprimento das obrigas  contables das asociacións sen ánimo de lucro de toda a provincia,  o que  permite mellorar os niveis de transparencia e eficacia.

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …