Moeche suma este ano ao Mes das Letras unha programación propia que combinará artesanía, conferencias, teatro, literatura e música nun percorrido por distintos espazos do municipio. Todos os actos son de entrada libre.
O Día das Letras 2026 dedícaselle á Begoña Caamaño (14 outubro 1964 Vigo,- 27 de outubro 2014 Santiago de Compostela), escritora e xornalista, activista e partícipe de movementos e organizacións. Autora de diversas obras de narrativa nas que destacan dúas obras: Circe ou o pracer do azul (2009), unha recreación do mito de Circe e Morgana en Esmelle (2012). Con esta última recibiu varios premios literarios de recoñecido prestixio.
Programa Mes das Letras
16 de maio, exposición, patrimonio, teatro e literatura.
A programación inicia o 16 de maio no Castelo de Moeche coa Exposición de pezas de artesanía en madeira do veciño de Santa Cruz Juan Carlos Caaveiro Luaces, que poderá visitarse ata o 28 de xuño.
Ese mesmo día, ás 12:30 horas, a antropóloga e arqueóloga Ana Filgueiras ofrecerá a conferencia Os hórreos: altares do vento, unha achega ao valor patrimonial e simbólico dun dos elementos máis identitarios da paisaxe rural galega.
E na mañá do día 16, o Concello co fin de difundir a obra de Begoña Caamaño, escritora homenaxeada no Día das Letras 2026, sorteará entre as persoas que asistan a facer a compra ao Mercado municipal varios exemplares da obra da autora
Pola tarde, ás 18:00 horas, o Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade acollerá a representación de Iriña bailarina a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos.
23 de maio, literatura e música
O 23 de maio a actividade trasládase de novo ao Castelo, onde ás 18:30 horas Carmen Blanco presentará o seu libro Gorrións e Falcóns.
Pola noite, o local social do Pereiro acollerá un concerto de Nimbos , despois das 21:30 horas, promovido polo Concello no marco do programa de dinamización cultural DinamizarTj.
24 de maio, teatro
Ao día seguinte, o 24 de maio ás 18:00 horas, o Castelo de Moeche acollerá unha tarde de teatro con dúas propostas: Quen matou a Pepe Corleone, da Escola Municipal de Teatro de Moeche, e Plasma Solar, da compañía Teatro Vai Rañala de Sedes.
6 de xuño, literatura
A programación pecharase o 6 de xuño ás 12:00h no Castelo, coa presentación de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939–1945, de Juan Galán, un libro que recupera a memoria dun combatente galego en Europa durante os anos máis escuros do século XX.
As actividades están organizadas polo Concello de Moeche e contan co apoio de Dinamizartj, programa do Instituto para a Transición Xusta e a Fundación Cidade da Enerxía-CIUDEN orientado a xerar oferta cultural nos municipios en zonas de Transición Xusta
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
