A canastilla crocante de roupa vella do restaurante O Castro conquista o II Pasea e Tapea por Valdoviño

A canastilla crocante de roupa vella elaborada polo restaurante O Castro de Pantín conquistou a II edición do Pasea e Tapea por Valdoviño, sendo a opción máis votada nas cartillas presentadas pola cidadanía que completou o percorrido polos 18 locais hostaleiros participantes. Toma así o relevo do Teleclub de Vilaboa, a elección da clientela o pasado ano.

O concurso chegaba onte ao seu fin tras tres intensas fins de semana de degustacións, coa participación de 18 establecementos de hostalería de 7 das 8 parroquias do municipio. Nesta ocasión, entregáronse en urna 2.905 boletos e tarxetas, o que representa un 24,2% máis respecto á edición do 2025.

A iniciativa que impulsa o Concello de Valdoviño coa colaboración do sector hostaleiro busca apoiar unha das principais actividades económicas da localidade, e ao mesmo tempo, promocionar turisticamente Valdoviño. Tras unha magnífica primeira edición, a boa acollida deste ano, cun maior número de locais implicados, garante a súa continuidade.

Así mesmo, este martes, e en presenza da secretaria municipal, o Concello realizará o sorteo das 3 cestas de produtos gastronómicos entre os boletos entregados en urna ao longo destas 3 últimas fins de semana. Tamén se celebrará o sorteo da comida ou cea no local gañador entre as cartillas seladas pola clientela nos 18 establecementos de hostalería participantes.

Lea también

Mensaje del obispo de Mondoñedo-Ferrol con motivo de la Jornada Mundial de los Abuelos y de las Personas Mayores 2026

Con motivo de la Jornada Mundial de los Abuelos y de las Personas Mayores 2026 …