Sae a licitación a rehabilitación integral do Torreón dos Andrade en Pontedeume

O prazo para presentar ofertas remata o día 27 de abril.

O Concello de Pontedeume informaba esta semana de que saen a licitación as obras de restauración da cuberta e rehabilitación integral do Torreón dos Andrade. O prazo para presentar ofertas remata o vindeiro día 27 de abril de 2026. A actuación ten un importe de 364.515,67 €, contando cunha aportación de 273.386,75€ do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana.

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, agradece «ao Goberno de España a súa aportación a esta obra clave para preservar un dos nosos bens culturais máis prezados, recoñecido no conxunto do Estado».

A concelleira de Turismo, Ángela Piñeiro Carrera, apunta pola súa banda que «o Torreón dos Andrade é un dos principais expoñentes do patrimonio Eumés, polo que queremos garantir que estea en perfectas condicións de conservación a pesar do paso do tempo».

Esta rehabilitación sumarase a actuación actualmente en curso para reabrir os baños públicos que se atopan na parte baixa do torreón, que tamén serve como Oficina de Turismo do municipio, despois de máis de tres décadas pechados. Ademais, está en proceso de redacción o proxecto de mellora e rehabilitación dos Xardíns de Lombardero, ubicados xunto ao propio torreón.

 

Lea también

La nave de O Puntal en Neda ya forma parte del patrimonio municipal

El Ayuntamiento de Neda acaba de finalizar los trámites para la adquisición del almacén situado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *