Aberta en Valdoviño a oferta para optar á concesión de quioscos nas praias da Mourillá, Outeiro e O Rodo

Coa publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio das bases para a concesión de autorizacións, ábrese o prazo de 10 días naturais.

O Concello de Valdoviño informaba que o Diario Oficial de Galicia publicou o anuncio das bases para o outorgamento de autorizacións de explotación de servizos de tempada tal que a instalación de quioscos a pé de praia. Deste xeito, ábrese un prazo de 10 días naturais, contados a partir deste xoves 2 de abril, para que autónomos e empresas poidan presentar as súas ofertas para a concesión dos permisos destes negocios nos areais da Mourillá, en Meirás; Outeiro, en Lago, e O Rodo, en Marnela (Pantín).

O trámite deberá cumprimentarse a través da sede electrónica ou rexistro municipal da casa consistorial, e as bases cos requisitos poden consultarse no taboleiro de anuncios e na web do Concello.

A elección dos emprazamentos dá cumprimento á normativa vixente, xa que establece para as concesións públicas unha distancia mínima destas instalacións a negocios de hostalería para evitar perxudicar a actividade económica dos segundos por parte de establecementos de tempada.

O documento, aprobado no último pleno extraordinario por unanimidade,establece que os quioscos ou instalacións móbiles ou desmontables terán unha ocupación máxima de 70 m2, dos que 20 m2 como máximo poderán destinarse a zona pechada.

É competencia da Administración Xeral do Estado fixar o importe dos canons pola utilización ou aproveitamento do dominio público marítimo-terrestre, así como a titularidade dos dereitos económicos derivados de dita utilización ou aproveitamento. A modo orientativo e estimativo, establécese un canon mínimo para concorrer ao proceso que se detalla nas bases.

Específicase tamén que a concesión destas autorizacións non exclúe nin substitúe a necesidade de obter cantas licenzas, permisos, autorizacións, declaracións responsables ou demais títulos habilitantes resulten legalmente esixibles por razón da actividade ou da normativa sectorial aplicable.

Enlace ás bases: https://shttps://acortar.link/7ktIUQ

Lea también

Finalizan en Neda los trabajos de construcción de la nueva rotonda de Xuvia

Finalmente han concluido las obras de la rotonda de Xuvia, una intervención solicitada por el …