FeC denuncia que as obras de “Abrir Ferrol ao mar” comenzan co informe negativo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Ferrol en Común denuncia que o goberno local comezou as obras de “Abrir Ferrol ao mar” co informe negativo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

«Ao abeiro do Regulamento de organización do Concello de Ferrol, o grupo municipal Ferrol en Común solicitou oficio emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente do Ministerio de Cultura, que tivo entrada no rexistro do Concello de Ferrol». «Seguindo os trámites ordinarios previstos na normativa foi falicitada copia dese informe ao voceiro de Ferrol en Común».

«Para a nosa sorpresa atopámonos cunha neglixencia de carácter maiúsculo, xa que un proxecto xa licitado nunha gran parte, cun orzamento total segundo o seu Plan Director de 15 millóns de euros, consta dun informe negativo do Instituto de Patrimonio Cultural de España do Ministerio de Cultura, con data de 2 de decembro de 2025, xusto un día antes da retirada das albardillas da muralla, e días despois da tala masiva de árbores na Rúa Irmandiños».

«Este tramo, primeira fase, adxudicada por 5,5 millóns de euros, está posto en cuestión pola administración central, que esixe unha rectificación de proxecto para manter os lenzos de muralla adxacentes a elementos singulares, non admite a eliminación ou substitución da Porta de Enfermaría, o respecto de elementos singulares e o apilastrado da muralla. Por outra banda non se considera xustificado a eliminación total da muralla do século XIX, pola presencia interior de edificios que impiden a visualización do mar. Nin tan sequera o proxecto segue as indicacións do Plan Director».

Para Ferrol en Común «ponse de manifesto neste sentido, que o derrubo da muralla para colocar un enreixado, non é para nada Abrir Ferrol ao Mar, polo mesmo argumento que dá o Ministerio, mentres non se poda circular libremente polo Arsenal Militar, coas debidas medidas de seguridade, o proxecto é incompleto e deficiente, xa que a visualización paisaxística é limitada».

«Por outra banda, resulta incomprensible e neglixente, que se redacte un proxecto e se licite unha obra sen ter todos os informes sectoriais preceptivos, máxime coa cantidade multimillonaria de cartos públicos que se están a mobilizar, requirindo unha explicación clara e nítida, e que deixaron de investirse en outras actuacións como o mantemento básico da cidade, o emprego ou a vivenda».

Ferrol en Común solicita «que se convoque de inmediato unha xunta de voceiros, a fin de dar conta dos motivos para chegar a este punto, no que entendemos que en tanto non se subsanen as deficiencias do proxecto, non se avance na obra, co fin de garantir e salvagardar os recursos investidos, evitar prexuízos económicos e legais para o Concello de Ferrol, e en tanto isto non suceda se paralicen todas as actuacións previstas».

Lea también

El programa ‘Xuntas Medramos’ tendrá continuidad en el 2026

La junta de gobierno local de Ferrol ha dado luz verde este lunes a la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *