A Deputación da Coruña publicou esta semana no Boletín Oficial da Provincia as bases de dous novos programas culturais correspondentes ao exercicio 2026: a novena edición do Premio ‘Quero Cantar’ de música infantil e xuvenil e as Residencias Artísticas Mariñán.
Gala Quero Cantar 2024
Estes anuncios dan continuidade ao calendario de convocatorias iniciado a pasada semana, cando viron luz no BOP as bases das edicións 2026 dos premios Luis Seoane de deseño, Luís Ksado de creación fotográfica e Jesús Núñez de arte gráfica.
O Premio ‘Quero Cantar’ chega en 2026 á súa novena edición como unha das principais ferramentas da Deputación para fomentar o uso da lingua galega e a creatividade musical e poética entre a mocidade. A convocatoria establece dúas categorías, infantil e xuvenil, dirixidas a solistas ou grupos de até doce compoñentes que presenten unha canción orixinal e inédita en galego, con letra e música da propia rapazada.
Gala Quero Cantar 2024
As maquetas poderán presentarse desde as 08.00 horas do 1 de xaneiro de 2026 ata as 14.00 horas do 25 de marzo a través da plataforma SUBTEL.
A dotación inclúe a gravación profesional das obras, videoclips, material musical e produtos culturais en galego, cun importe que chega a 1.500 euros para os primeiros clasificados, e incorpora tamén un programa formativo específico para a proposta vencedora na categoría xuvenil. Tras unha primeira fase de valoración técnica, os proxectos finalistas interpretarán as súas cancións nunha gala no Teatro Colón da Coruña, onde un xurado integrado por alumnado de primaria e ESO decidirá o palmarés.
Despedida Residencias Mariñán 2025
As Residencias Artísticas Mariñán 2026 reforzan a aposta da institución provincial polos procesos creativos, seleccionando dezaseis proxectos que desenvolverán estadías de traballo no Pazo de Mariñán dentro das áreas de música, literatura e pensamento, e creación de contidos socioculturais en redes sociais. A convocatoria diríxese a persoas maiores de 18 anos con residencia na Galiza e cun compromiso claro coa lingua galega como vehículo de creación e comunicación.
O programa procura favorecer a profesionalización, promover a innovación e establecer pontes con outros axentes culturais, ao tempo que garante espazos de acompañamento, formación e intercambio.
Despedida Residencias Mariñán 2025
As residencias desenvolveranse entre o 13 e o 24 de abril e inclúen aloxamento, espazos de traballo e seguimento especializado. No caso das modalidades de música e de redes sociais, prevese ademais unha dotación para cubrir necesidades técnicas da creación. As solicitudes deberán presentarse telematicamente a través da plataforma SUBTEL entre as 08.00 horas do 1 de xaneiro de 2026 e as 14.00 horas do 16 de febreiro.
Estas convocatorias consolidan a liña de apoio sostido da Deputación da Coruña á creación artística, literaria, musical e dixital, cun enfoque centrado na profesionalización, na innovación e na promoción da lingua galega en todas as etapas do proceso creativo.
Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de navegación y uso de la web. Al continuar con la navegación entendemos que se acepta nuestra política de cookies.AceptarLeer más
Privacidad & Política de Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.