Presentación “Dez anos abrindo camiño: A Deputación da Coruña e o rexurdir do Camiño Inglés (2015-2025)”

A Biblioteca Provincial acolle a presentación do libro “Dez anos abrindo camiño: A Deputación da Coruña e o rexurdir do Camiño Inglés (2015-2025)”, unha obra que recolle a evolución, as accións e o impacto do labor desenvolvido pola Deputación da Coruña na recuperación e promoción deste itinerario xacobeo na última década.

No acto participaron o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira; o deputado responsable da promoción do Camiño Inglés, Antonio Leira; e o xornalista e investigador Cristóbal Ramírez.

O libro fai un percorrido polos dez anos de traballo continuo cos que a Deputación contribuíu ao rexurdimento do Camiño Inglés: a mellora da sinalización e das infraestruturas de acollemento, o impulso á investigación histórica, a posta en valor do patrimonio cultural e natural asociado á ruta, así como a promoción nacional e internacional dun itinerario que conecta Galicia coas culturas do norte de Europa desde a Idade Media.

A obra inclúe un prólogo do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, no que destaca que “o Camiño Inglés é unha das máis singulares expresións da nosa historia compartida con Europa” e subliña o compromiso da institución con “un modelo de desenvolvemento sostible, enraizado no territorio, que dinamiza as vilas e fortalece a identidade local”.

O vicepresidente, Xosé Regueira, enfatizou a colaboración de Cristóbal Ramírez na preparación do libro afirmando que “todo itinerario histórico precisa dun cronista. Cristóbal Ramírez é hoxe unha referencia na memoria escrita do Camiño de Santiago e, en particular, un recoñecido especialista no Camiño Inglés. A través dos seus artigos coñecemos a realidade actual dos itinerarios xacobeos e os desafíos que afrontan”

Regueira salientou que Ramírez “coñece como poucos a evolución do Camiño Inglés, polo tanto é unha voz máis que autorizada á hora de expoñer como cambiou esta ruta na última década da man das accións impulsadas desde a Deputación da Coruña”.

Pola súa banda, o deputado Antonio Leira, sinalou que o libro compila “una década de un traballo constante, sostido e colectivo, que fixo posible o regreso do Camiño Inglés ao lugar que merece. Foron dez anos de coordinación cos concellos, de implicación das entidades locais e tamén de abrir portas fóra de Galicia, especialmente no Reino Unido, para recuperar a memoria dos primeiros peregrinos”. Leira destacou que “hoxe o Camiño Inglés vive un momento de crecemento histórico grazas en boa parte a este traballo desenvolvido pola Deputación da Coruña”.

Lea también

La Diputación presenta un mapa interactivo del geoparque Cabo Ortegal

Regueira destacó la importancia paisajística del territorio y el valor de la guía como herramienta …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *