Últimos días de inscrición na media maratón “Volta á Ría- Memorial Adolfo Ros”

Últimos días para anotarse na 39 edición da Carreira popular “Volta á Ría-Memorial Adolfo Ros”, que promoven o vindeiro domingo os concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón.

Arquivo- Presentación da carreira

A organización, que convida a sumarse aos atletas da comarca e do resto de Galicia, lembra que este mércores 10 de decembro, ás 23:59 horas, finaliza o prazo para inscribirse a través da web www.carreirasgalegas.com.

Como vén sendo habitual a proba absoluta terá unha distancia duns 21 quilómetros, discorrendo sobre asfalto polas catro localidades que impulsan a iniciativa deportiva. A carreira, con saída e meta no Camiño do Regueiro, nas inmediacións dos accesos a AP-9, en Neda, estará incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.

Poderán participar nesta media maratón tanto deportistas federados como non federados maiores de idade (nacidos no 2007 ou con anterioridade) sempre e cando reúnan as condicións físicas requiridas para afrontar unha carreira desta envergadura. Haberá modalidades especiais para persoas con discapacidade visual e para participantes que cubran o percorrido en cadeiras de rodas ou en handbikes.

A proba absoluta dará comezo ás 10 horas e contará, ao longo de todo o seupercorrido, co apoio da Garda Civil de Tráfico, da Policía Municipal e das Agrupacións de Protección Civil das localidades implicadas para regular o tránsito e garantir a seguridade.

En paralelo, e co obxectivo de potenciar a participación da xente máis nova, aorganización volverá programar carreiras con distancias inferiores para deportistas menores de idade nun circuíto habilitado na contorna do arco de meta. Así, os Sub 18 e Sub 16, correrán tres quilómetros; Sub 14 e Sub 12, dous km; Sub 10, un km; Sub 8, 400 metros; e peques, 50 m.

Polo de agora hai preto de 700 persoas anotadas, a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, para participar no conxunto das carreiras. A cota de inscrición na medio maratón é de 7 euros, no resto das probas é totalmente gratuíta.

 

Lea también

Neda organiza el “Tardeo Remember solidario” para apoyar el trabajo de la AECC

Este próximo lunes 26 comienza la venta de entradas para el evento, con música de …