Se clausura en Ferrol o congreso comarcal da UXT

Rey Varela destaca o papel da cidade na defensa de dereitos laborais, a colaboración e o esforzo colectivo.

Xosé Antonio Ventureira foi elixido como novo secretario comarcal da UXT

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, clausurou este martes o congreso comarcal da UXT Máis e mellor sindicato, que se celebrou na súa sede. Rey Varela aproveitou para “recoñecer a profunda historia laboral e sindical da cidade”, así como para “reafirmar o compromiso das organizacións sindicais e as administracións na defensa dos dereitos dos traballadores e na promoción do diálogo social”.

O rexedor destacou que Ferrol, historicamente marcada polo sector naval, “soubo superar etapas difíciles grazas á solidariedade, o esforzo colectivo e a implicación da súa xente”. E neste contexto, recoñeceu o papel da UXT e do movemento sindical na defensa dos dereitos laborais, na mellora das condicións de traballo e na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Para concluír, Rey Varela reafirmou que o diálogo e o consenso son fundamentais para avanzar. “Cando administracións e sindicatos traballan xuntos, os beneficios son evidentes tanto para os traballadores como para toda a sociedade, e nesta é a liña na que debemos seguir avanzando”.

NOVO SECRETARIO COMARCAL

Xosé Antonio Ventureira foi elixido como novo secretario comarcal da Unión Xeral de Traballadores (UXT) en Ferrol, poñendo fin ao período no que a organización comarcal atopábase liderada por unha xestora.

Ventureira asume o cargo coa meta de revitalizar e fortalecer a organización, segundo manifestou. «Afróntoo con moitísimas ganas de traballar, un equipo de xente bastante novo», asegurou  e engadiu que o que necesita a comarca é «ilusión e ganas«, cunha idea «moi clara» de «participar con todas as federacións, unir todo UXT e facer a este sindicato moito máis forte».

O novo secretario comarcal recoñeceu que hai «bastante traballo por diante», pero que conta con experiencia previa tras liderar a Federación de Industria (FICA), que tamén estivo un tempo baixo unha xestora. «Foi máis que nada unha petición das demais federacións que me puxeron á fronte da Unión Comarcal, e grazas a deus, conseguín quitar ás dúas de xestora,» explicou o representante sindical, tras ser elixido no congreso celebrado na mañá deste martes. 

 

Lea también

Confirmados casi 54 años de cárcel para cada uno de los miembros de un matrimonio por prostituir a mujeres en pisos de Ferrol y Narón

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha desestimado los recursos de apelación presentados …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *