O programa Ondas de Sabor dá a coñecer os produtos do mar a través dun showcooking na casa da cultura de Valdoviño

O Concello organizou a iniciativa co apoio das axudas concedidas polo GALP.

O proxecto Ondas de Sabor, impulsado polo Concello de Valdoviño, celebraba onte á tarde unha sesión formativa dirixida á hostalaría local, pero aberta ao público en xeral, centrada nas posibilidades culinarias dos produtos locais do mar. A actividade tivo lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e estivo dirixida polos cociñeiros Diego Fernández e Jordi Fernández, do restaurante Fame Kanalla.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rosana García, daba a benvida aos asistentes ao encontro, que contou cunha boa acollida, con arredor de 35 persoas participantes. Durante o showcooking, puideron coñecer novas formas de incorporar o produto do mar KM 0 nas súas cociñas, degustando dúas elaboracións especialmente deseñadas para a ocasión:

-Mexillóns ao vapor de albariño sobre sopa de curry malabar, con cebola encurtida e lascas de coco relado crocante.
-Hot dog coreano crocante de pescada do pincho asada ao carbón, acompañado de vermicelli en ensalada de cítricos, menta e maionesa de lima.

Esta acción forma parte do proxecto “Ondas de sabor: promoción do consumo de percebe e bivalvos de Valdoviño”, un proxecto promovido polo Concello de Valdoviño co apoio do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) a través das axudas concedidas polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) A Mariña – Ortegal na convocatoria ordinaria de 2023..

Lea también

Presentadas las bases de participación para la fiesta de las Pepitas 2026

El miércoles 18 de marzo tendrá lugar una de las tradiciones más emblemáticas de la …