Valdoviño repite como sala do ciclo Mestre Mateo

Nos próximos dous meses, proxectará o mellor do audiovisual galego en sesións abertas ao público e tamén reservadas para o alumnado do CPI Atios e máis os maiores que participan dos talleres de estimulación cognitiva.

Por segundo ano consecutivo, Valdoviño formará parte da rede de salas do Ciclo Mestre Mateo, ofrecendo asía proxección dalgunhas das películas finalistas dos prestixiosos premios do audiovisual galego. O programa arrinca esta mesma semana, con tres pases reservados para o alumnado de Educación Secundaria do CPI Atios, e estenderase ata o mes de novembro, con outras proxeccións tamén para os centros educativos e aulas municipais de maiores e sesións abertas para o público en xeral.

A Concellería de Cultura inauguraba esta mesma mañá o circuíto coa cinta «+Cuñados». O estudantado de 2o curso da ESO do CPI Atios asistía á casa da cultura ao pase da longametraxe protagonizada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey, unha divertidísima comedia finalista en oito categorías nos prestixiosos galardóns.

O ciclo continuará nas vindeiras xornadas coas seguintes cintas: –«Xustiza Artificial». Martes 7 de outubro, reservada para o alumnado de 3o e 4o da ESO do CPI Atios

«Salvaxe, Salvaxe». Mércores 8 de outubro, para o alumnado de 1o da ESO do CPI Atios

-Curtametraxes: «Avetimoloxía», «Eu vou comigo», «Noites de prata», «Sipnasis» e «Platónico Platónico». Luns 13 de outubro, para o alumnado de 1o, 2o e 3o da ESO do CPI Atios.

«Filmei paxaros voando». Xoves 16 de outubro, ás 20 horas, sesión aberta para un  público maior de 12 anos.

-«As Neves». Venres 17 de outubro, ás 20 horas, sesión aberta para un público maior de 12 anos.

-Curtametraxes: «Nai», «Véxote» e «Pura». Xoves 23 de outubro, sesión reservada para o alumnado dos Talleres Municipais de Estimulación Cognitiva.

«Aurora». Xoves 6 de novembro, ás 20 horas, sesión aberta ao público.

«Prefiro condenarme». Martes 25 de novembro, ás 20 horas, sesión aberta ao público.

«Honeymoon». Xoves 27 de novembro, ás 11 horas, sesión reservada para o alumnado dos Talleres Municipais de Estimulación Cognitiva.

Lea también

Ferrol homenajea a Asfedro con una gala por su cuarenta aniversario

La concejala de Política Social de Ferrol, Rosa Martínez, y la presidenta de Asfedro, Sari …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *