O Auditorio acolle o “XXI Certame de Habaneras de Narón”

O Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia, acolle o sábado 4 unha nova edición, a vixésimo primeira, do Certame de Habaneras organizado polo Padroado da Cultura e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros.

 

A convocatoria dará comezo ás 17:30 horas. As formacións corais que actuarán nesta edición serán as corais da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros; a Coral Polifónica Eumesa, a Coral Chorima de Castro, a Rondalla de Cariño e a Rondalla Mugardesa. A entrada é de balde, podendo asistir todas as persoas que o desexen ata completar o aforo do Auditorio municipal.

Lea también

El Centro Comercial Odeón (Narón) organiza un Taller de Bordado Creativo

La Plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón acoge este sábado día 14 a las …