Revela: Unha xornada para conocer As Pontes a través da fotografía reúne a participantes de toda Galicia

As Pontes acollerá o vindeiro 4 de outubro unha xornada formativa e experiencial dirixida a persoas amantes da fotografía, tanto afeccionadas como profesionais, que desexen mellorar as súas habilidades, compartir coñecementos e descubrir a riqueza visual e natural do concello desde unha nova perspectiva.

A actividade, organizada polo Concello das Pontes en colaboración con Fotowalk Galicia, leva por título “Revela” e está deseñada como unha experiencia inmersiva e práctica, cun enfoque creativo e técnico. A cita reunirá a 50 participantes, procedentes de toda Galicia, e estará guiada polo recoñecido fotógrafo profesional Xosé Durán.

A xornada dará comezo pola mañá na Casa Dopeso cunha Masterclass sobre iluminación natural en exteriores, na que Xosé Durán abordará técnicas para controlar a luz, evitar sombras indesexadas e acadar retratos en exteriores cun alto impacto visual. A continuación, desenvolverase un obradoiro práctico en interior centrado no uso de flashs e esquemas de iluminación creativa, ideais para destacar suxeitos ou produtos, e para a creación de escenas con narratividade visual. Esta parte da actividade está pensada como un espazo para experimentar e afondar na expresión persoal a través da fotografía.

Xa pola tarde, a partir das 15:00 horas, terá lugar un camiño fotográfico guiado, de aproximadamente tres horas de duración, por algúns dos enclaves naturais máis destacados do municipio, como o lago das Pontes, a contorna do río Eume e outros espazos de gran valor paisaxístico. Durante o percorrido, as persoas participantes contarán co acompañamento dun guía local e de Xosé Durán, quen ofrecerá asesoramento técnico e creativo en tempo real, axudando a aplicar os coñecementos adquiridos ao longo da xornada.

Lea también

Mugardos avanza en el proceso de expropiación en el monte para ampliar el saneamiento con la señalización de parcelas

El Ayuntamiento de Mugardos informa que se continúa avanzando en el proyecto de expropiación forzosa …