Un total de 1.034 persoas participaron este sábado nas 21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón

O paseo marítimo de Xuvia (Narón) foi un ano máis o punto de partida e a meta desta gran proba de ultrafondo do noroeste que ofrece un prazo de entre 12 e 24 horas para realizar un percorrido circular de 101km que levaría os participantes polos concellos de Narón, Ferrol, Valdoviño e San Sadurniño, atravesando enclaves de gran valor patrimonial, industrial y natural de nuestra comarca (Arsenal Militar, Escuelas de la Armada, Astillero de Navantia, Costa Ártabra…).

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, na saída dos ciclistas

Os primeiros en saír foron os ciclistas, tanto na modalidade de MTB como de e-bike, ás 8:30 horas, para rematar o percorrido nun tempo máximo de 12 horas. A continuación, ás 9:00 horas, foi a saída dos marchadores, nas diferentes categorías.

21 Leguas-2025. Ciclistas en ruta

Os participantes procedían de numerosos concellos galegos pero tamén doutras comunidades como Castela León, Asturias, Madrid, País Vasco… e mesmo de Portugal e Suíza.

Fuente Concello de Narón

As nenas e nenos terán tamén un gran protagonismo nesta proba, nas 21 Leguas Kids, que este sábado tivo as cen prazas habilitadas completas para unhas carreiras que, por idades, se desenvolveron entre as 10:00 e as 12:00 horas, aproximadamente. Houbo tamén un chocolate con churros para os menores eo remate desta proba infantil e hinchables para que puideran desfrutar deste evento.

Paso polo Arsenal de Ferrol

A destacar este ano que un 11% das participantes foron mulleres, e tamén que por vez primeira houbo máis marchadores que ciclistas.

Posto de avituallamiento na base naval da ESENGRA

En todo o percorrido se colocaron un total de 12 puntos de avituallamento e  máis de 200 persoas, entre persoal sanitario, forzas de seguridade e voluntariado, colaborando para o correcto desenvolvemento desta proba. 

Fuente.-Concello de Narón

No acto de entrega de premios celebrado na tarde deste sábado 27, no paseo de Xuvia, participaron a alcaldesa, Marián Ferreiro; o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla; o presidente do Club Deportivo Narón 101, Óscar Somorrostro; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; Santiago Blecua, oficial de Deportes da Esengra; María del Carmen Pieltain e Sergio Saavedra, concelleiros de Deportes de Ferrol e Valdoviño, respectivamente, e Sabela Muñoz e María Landeira, resonsable de desenvolvemento e delegada de desenvolvemento respectivamente de Naturgy Renovables en Galicia.

Fuente Concello de Narón

As clasificacións ao completo das diferentes modalidades desta proba poden consultarse na web:

http://21 Leguas – La prueba de ultrafondo del noroeste, 101 Km, Narón, 8 OCT

Lea también

O Auditorio acolle o “XXI Certame de Habaneras de Narón”

O Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia, acolle o sábado 4 unha nova …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *