A Biblioteca Provincial acolle a entrega de premios do certame #HoxeEscriboEn

A Biblioteca Provincial acolleu a entrega de premios aos gañadores do certame #HoxeEscriboEn, que presentaron relatos ambientados en Monfero, Fisterra e Ferrol.

A Biblioteca Provincial acolleu a entrega de premios do certame #HoxeEscriboEn 2025. A deputada de cultura, Natividad González, entregou os galardóns ás persoas gañadoras: no primeiro posto, Xosé María López Fernández (As Pontes) por “O fío no tempo”, un relato referido ao mosteiro de Monfero; no segundo, Francisco Ascón Belver (Oleiros), por “A tardiña de San Xoán”, sobre a praia de Langosteira en Fisterra, e no terceiro Raquel Martínez Rodríguez (Arteixo), por “Onde está Velázquez?”, sobre as Meninas de Canido en Ferrol.

A deputada de cultura celebrou “o talento literario” de todos os participantes, “que nos vai viaxar a diferentes lugares da provincia a través dunha mirada única e diferente” e puxo en valor o traballo das áreas de cultura e turismo e da Bibliteca Provincial “na posta en marcha deste certame que xa vai pola quinta edición e que cada ano recibe máis relatos”.

O certamen #HoxeEscriboEn, convocado polas áreas de Cultura e Turismo en colaboración coa Biblioteca provincial, premia ás persoas gañadoras con estadías e experiencias en cabanas e establecementos rurais da provincia e lotes de produtos representativos de selos de calidade e sustentabilidade.

 O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña, contribuindo a sensibilizar sobre os recursos naturais, culturais e medioambientais de cada un, e a importancia de preservalos. 

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …