A Mancomunidade aproba os orzamentos para 2013

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu onte o pleno ordinario da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol no que se aprobou inicialmente o presuposto xeral co que contará esta entidade o vindeiro ano de 2013, que ascende a un total de 407.503,92 euros. Esta cifra supón un descenso de algo máis de 100.000 euros con respecto ao documento económico do presente exercicio, o primeiro da nova etapa de Rey Valera ao fronte do organismo supramunicipa, e que o cal multiplicaba por cinco o orzamento da anualidade de 2010, que ascendía unicamente a 103.700 euros.

O presidente da Mancomunidade valorou de forma positiva o feito de que a entidade cumpra cos prazos establecidos para aprobar as súas contas, o que cualificou como «unha mostra de normalidade, estabilidade e vontade de entendemento» entre os rexedores que integran este organismo formado polos concellos do entorno da ría e ao que recentemente se incorporou o de Cabanas. Rey Varela sinalou tamén que o texto contable de 2013 responde á complexa situación económica actual, á que non son alleas as administracións públicas, mantén a vinculación adecuada entre gasto e ingresos orzamentarios e cumpre coas esixencias que marca a lei de estabilidade orzamentaria. Unha vez que os presupostos de 2013 foron hoxe aprobados de maneira inicial polo Pleno da Mancomunidade, o seguinte paso é sometelos a exposición pública para a presentación de alegacións antes de que volvan ao pleno de alcaldes para a súa aprobación definitiva.

E ao fío desta aposta por unir esforzos para mellorar a atención e o servizo ao cidadán, o presidente da Mancomunidade avanzou que se fará un estudo territorial sobre a situación en materia de igualdade entre homes e mulleres. Este informe servirá de punto de partida de cara a artellar programas, actividades e servizos común dirixidos á muller. O estudo se  executará grazas a unha subvención de 3.800 euros concedida pola Deputación Provincial da Coruña.

 

Lea también

Casi 250 personas participan en las actividades «Nedactívate» en el inicio de curso

Un total de 243 personas participan en las distintas escuelas deportivas y de bienestar del …