Inaugurada en Neda a exposición fotográfica de Juan Sixto

A Casa das Palmeiras de Neda alberga a mostra fotográfica «La Belleza del Silencio», obra de Juan Sixto.

Inaugurouse onte día 17 e permanecerá aberta ao público ata o próximo 31 de decembro, de luns a sábado. Por semana, o horario será de tarde, de 16,30 a 19 horas e, os sábados, de mañá, de 10,30 a 13,30 horas.

A exposición está composta por dez imaxes en formato 1×1. Por último, dende a Concellería de Cultura do Concello de Neda, sinálase que a entrada é libre e gratuíta, polo que anima á cidadanía a acudir á Casa das Palmeiras e disfrutar da mostra.

Lea también

Se activa el campamento de verano gratuito «Neda concilia»

El Ayuntamiento de Neda activa, un año más, durante el mes de julio su campamento …