Os Ferroláns volverán a enfrontarse aos ingleses nunha nova edición da Batalla de Brión

A actividade compleméntase co festival Brión Folk do 22 ao 24 deste mes.

Archivo 2024

O domingo 24 de agosto celebrarase o 225 aniversario da Batalla de Brión e a 34ª edición da marcha que conmemora os feitos históricos acaecidos nos montes da zona. O Concello de Ferrol colabora na organización deste evento, que levan a cabo os Comuneiros do Cha Brión- Doniños e a AVV Castelao de Brión.

Ás 10.00 h do domingo 24 está prevista a saída en lancha a San Felipe dende o peirao de Curuxeiras. Á súa chegada ao castelo realizarase unha ruta de senderismo de 12 kilómetros e ás 12.00 h sairán a pé dende o local da AVV
Castelao de Brión “os defensores” que loitarán contra os ingleses, e vencerán nesta histórica contenda na que os ferroláns demostraron, unha vez máis, a súa valentía e conseguiron frear o ataque das tropas británicas.

Para completar esta actividade, do 22 ao 24 de agosto celebrarase o festival Brión Folk no campo da festa da Avv de Brión. Ademais, este ano o día 23 de agosto vaise facer unha visita teatralizada no castelo de San Felipe, que terá unha hora e cuarto de duración. O punto de encontro será ás 18.30 horas no propia fortificación e non é preciso apuntarse.

XI CONCENTRACIÓN VEHÍCULOS CLÁSICOS
Ademais, o 31 de agosto, coincidindo co remate das festas, terá lugar a XI a concentración de vehículos clásicos.

O público poderá ver preto de 120 coches dende as 10.00 horas no Cantón de Molíns, ás 13.30 horas terá lugar unha ruta por Ferrolterra e ás 14.30 horas retomarase a exposición no pavillón da Malata.

 

Lea también

Iberdrola recibe los últimos monopilotes fabricados en Fene por Navantia-Windar para su parque eólico marino

Se trata del segundo contrato de monopilotes, tras East Anglia THREE, entre las compañías, que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *