AXF continúa na formación de LSE cos máis pequenos

AXF a través dun comunicado expresa o seguinte «este verán tivemos o pracer de participar nos campamentos de Bemantes e Perbes, no municipio de Miño, onde compartimos cos máis pequenos a maxia da Lingua de Signos Española (LSE) e achegámoslles á realidade das persoas xordas». 
 
Fuente AXF
«Descubrimos xuntos novas formas de comunicarnos, derrubamos barreiras e abrimos portas a un mundo máis inclusivo e accesible para todos». 
 
«Concluímos tamén o proxecto “Xogando coas Mans”, unha experiencia que nos encheu de emocións, aprendizaxes e xestos que falan sen necesidade de palabras». 
 
Fuente AXF
Fuente AXF
Dende AXF «queremos dar as GRAZAS de corazón: Aos nenos que xogaron, aprenderon e expresáronse connosco. Ás súas familias, polo seu apoio e entusiasmo. E, moi especialmente, por facer da lingua de signos a auténtica protagonista desta aventura. O noso agradecemento máis profundo ás voluntarias e voluntarios de AXF, cuxo compromiso, enerxía e agarimo foron esenciais. Sen vós, nada disto sería posible!»
 
«Ditas formacións para os máis pequenos foron impartidas por María López Carballeira, a nosa Monitora de Servizos á Comunidade, quen subliña a importancia de achegar a lingua de signos desde idades temperás, xa que os nenos e nenas aprenden con rapidez, pero, sobre todo, porque é unha ferramenta poderosa para fomentar a integración e a empatía desde a infancia» conclúen.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …