Formoso destaca na apertura da Escola de Verán do Poder Xudicial a tradición do pazo de Mariñán como “casa do dereito”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, inaugurou no pazo de Mariñán a Escola de Verán do Poder Xudicial xunto ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e a vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial Gema Espinosa, presidenta do consello reitor e directora da Escola. Previamente ao acto de apertura, asinaron o convenio entre as tres institucións que fai posible o desenvolvemento dunhas xornadas que este ano acadan a súa vixésimo sétima edición.

O programa, que se desenvolverá ata o próximo 11 de xullo, estará centrado na Ley Orgánica 1/2025, de medidas en materia de eficiencia da Xustiza, e nos cambios estruturais que implicará a súa aplicación.

Formoso destacou na súa intervención o valor da maxistratura como “piar” do Estado xunto a profesionais tan esenciais para a sociedade como docentes e sanitarios. O presidente provincial valorou tamén a tradición de Mariñán como “casa do dereito”, en referencia non só á 27.ª edición do foro que hoxe se abriu, senón tamén a outros como a Escola do Ministerio Fiscal, que tamén se celebra o edificio da Deputación.

Tanto Diego Calvo coma Gema Espinosa coincidiron con Valentín González Formoso en sinalar a cita coma un un evento consolidado e un referente, logo de tres case tres décadas celebrándose no pazo bergondés.

Xuíces de toda España asistirán á Escola de Verán, que está incluída no programa de formación continua do Consello Xeral do Poder Xudicial. Para as mesas e conferencias contarase con maxistrados e maxistradas, catedráticas e catedráticos e especialistas en cada materia. Entre outros aspectos, analizaranse a creación de unidades xudiciais, a posta en marcha da nova estrutura de oficina xudicial e a modernización tecnolóxica da Xustiza.

A Escola de Verán do Poder Xudicial botou a andar en 1997 e a día de hoxe o seu prestixio faina, segundo o CXPX, unha das actividades formativas con máis demanda dentro da carreira xudicial.

Lea también

Bienvenida en Cedeira a los 114 guardas civiles en prácticas que reforzarán la posición de Galicia, una de las Comunidades más seguras de España

El delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, dio la bienvenida en Cedeira a los …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *