As Pontes continúa mellorando a seguridade viaria en Goente

O executivo local proxecta unha nova senda que unirá o núcleo da parroquia co cemiterio das Congostras.
 
 
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polo concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto Rivera desprazouse, esta semana, ata a parroquia de Goente para supervisar o avance das obras de mellora de servizos e seguridade viaria na estrada AC-564, na súa marxe dereita, ata as inmediacións da empresa Conde S.L.
 
Durante a visita, o rexedor destacou a importancia desta intervención para a mellora da calidade de vida da veciñanza e anunciou que o Concello está xa a traballar nun novo proxecto que permitirá conectar, a través dunha senda, o núcleo da parroquia de Goente co cemiterio das Congostras, dando resposta a unha demanda histórica da veciñanza e reforzando a seguridade peonil.
 
As obras actualmente en execución, cun investimento de 150.658 euros financiados pola Deputación da Coruña, abranguen a reposición dos servizos de saneamento, abastecemento e iluminación, así como a mellora da beirarrúa existente entre os puntos quilométricos 17.200 e 17.800, dando continuidade á mellora integral desta vía, iniciada no ano 2019 coa intervención na marxe esquerda.
 
O proxecto inclúe a creación dunha nova rede de saneamento con pozos de acometida e de rexistro, o desdobre da rede de abastecemento para separar a liña xeral da rede municipal da liña de repartición domiciliaria, e a instalación de canalización para o alumeado público, con arquetas de rexistro.
 
No ámbito da seguridade viaria e accesibilidade, inclúe a reposición e ampliación da beirarrúa existente nos tramos necesarios, empregando formigón continuo armado con malla e acabado antiescorregadizo, coa mesma cor que a beirarrúa da marxe esquerda.
 
Tamén se instalarán pasos de peóns con baldosa regulamentaria e renovarase a sinalización horizontal e vertical, así como o mobiliario urbano.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …