Narón xeolocalizou as 423 Fogueiras que se comunicaron para realizar os días de San Xoán e San Pedro

O Concello de Narón  recibiu un total de 423 comunicacións para realizar lumieiras nas noites de San Xoán e San Pedro. Unhas comunicacións que inclúen as que se levarán a cabo en espazos privados e tamén nos públicos e que dende o departamento municipal de Estatística se xeolocalizaron co fin de que os servizos de emerxencias poidan dispoñer da información precisa e inmediata de cada unha delas.

 

A finalidade é que os citados servizos poidan acceder a eses datos con maior axilidade e precisión posible no caso de que fose necesario acudir ante posibles incidencias. O visor permite acceder ao punto exacto da fogueira introducindo calquera destes datos: ubicación da parcela (rúa, referencia catastral), nome e apelidos ou teléfono da persoa responsable.

Dende o Concello emitiuse un bando asinado pola alcaldesa, Marián Ferreiro, no que se informa que tanto en San Xoán como en San Pedro se poderán acender a partir das 20:00 horas e deberán extinguirse antes das 3:00 horas, debendo deixar a zona limpa de calquera residuo e o lume completamente extinguido.

Así mesmo, incídese en que non poderán superar os cinco metros de altura e os tres de diámetro e no feito de que deben estar alonxadas un mínimo de 30 metros das vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais, entre outros requisitos, para garantir a seguridade. Ante calquera posible incidencia deberase chamar o antes posible ao servizo de Emerxencias 112.

Lea también

Efectivos del SPEIS de Narón sofocaron un incendio en Castro

Los bomberos del Servicio de Prevención, Extinción de Incendios y Salvamento (Speis) de Narón tuvieron …