O Camiño do Bispo abrirase ao público no mes de setembro

O Camiño do Bispo nace do compromiso de nove Concellos galegos por poñer en valor o seu patrimonio paisaxístico, medioambiental, histórico e etnográfico.

Reunión en As Pontes entre os Concellos polos que discorre a ruta e a Axencia de Turismo de Galicia.

Este martes celebrouse nas Pontes unha reunión clave entre os Concellos polos que discorre a ruta e a Axencia de Turismo de Galicia, representada por Ildefonso de la Campa, director do Xacobeo na que se presentaron os principais avances do proxecto, entre eles a nova imaxe oficial da ruta, o plan de sinalización e acondicionamento do trazado, así como a previsión de celebrar a inauguración pública este outono.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a concelleira de Turismo, Elena López, acompañados por representantes dos outros oito Concellos implicados (As Somozas, San Sadurniño, Neda, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Xermade e Muras), destacaron a importancia deste encontro para consolidar o apoio institucional ao proxecto e coordinar os seguintes pasos.

Durante a reunión, os representantes municipais das Pontes detallaron que en setembro está previsto que todos os Concellos teñan instalados os seus carteis informativos, e que se complete a sinalización do percorrido, incluíndo códigos QR vinculados a contidos culturais de cada municipio. “Nese momento, convocaremos un acto público para inaugurar oficialmente o Camiño do Bispo, abríndoo á cidadanía e ao turismo”, explicou o alcalde, Valentín González Formoso.

A nova identidade visual do Camiño do Bispo, deseñada pola pontesa Laura Gómez, do estudo De Cibreiro, foi outro dos elementos presentados durante a xuntanza, inspirada no báculo de San Rosendo, bispo de Mondoñedo no século X, unha figura emblemática para Galicia tanto no eido relixioso como político.

Asi mesmo, durante a reunión tamén se abordou a creación e posta en marcha dunha páxina web común, onde se reunirá toda a información da ruta nun único espazo dixital, cun mapa interactivo, recursos para o visitante e datos culturais relevantes dos territorios polos que transcorre o camiño.

Pola súa parte, Ildefonso de la Campa, en nome da Axencia de Turismo de Galicia, valorou positivamente o traballo colaborativo dos Concellos e expresou a disposición da Xunta a apoiar o impulso inicial da ruta, poñendo a disposición do proxecto recursos e asesoramento técnico.

Valentín González Formoso, e a concelleira de Turismo, Elena López, acompañados por representantes dos outros Concellos implicados.

O Camiño do Bispo nace do compromiso de nove Concellos galegos por poñer en valor o seu patrimonio compartido e promover un itinerario de alto interese paisaxístico, medioambiental, histórico e etnográfico, con vocación de converterse nun novo recurso turístico sustentable e vertebrador do territorio rural galego.

Lea también

Manuel, el primer ferrolterrano nacido en el «Marcide» en Año Nuevo

Manuel es el nombre del primer bebé nacido en el Área Sanitaria de Ferrol en …