X Carreira Popular Concello de Moeche

A concellaría de Deportes de Moeche ofrece o sábado 21 de xuño a décima edición da carreira popular.  Unha cita clásica no calendario deportivo amador da comarca que este ano  englóbase no Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.

A  carreira presenta a partir das 18.30 horas do 21 de xuño percorridos para todas as idades, desde os escasos 75 metros que correrá a rapazada máis pequena até os 6,5 quilómetros do trazado deseñado para a rolda absoluta. As inscricións na proba, coa que se pretenden fomentar os hábitos saudables, seguen abertas ata o 18 de xuño a través da web www.carreirasgalegas.com, onde tamén se pode descargar o regulamento e toda a información sobre o desenvolvemento da carreira.

A X Carreira popular de Moeche comezará co apartado de Pitufos -nenos nados nos anos 2020, 2021 e 2022- sobre unha distancia de 75 metros en liña recta na explanada da feira. A partir de aí irán dándose saídas cada dez minutos ás demais categorías, todas elas para menores de idade e con inscrición gratuíta. Gran parte da carreira discorrerá polas rúas interiores do recinto feiral e tamén polas da zona urbana de San Ramón no caso das competicións de maior idade.

A proba absoluta será a última con 6,5 quilómetros por diante e un trazado con saída e chegada tamén na feira, pero ampliado tanto ao centro urbano como a zonas dos arredores como son os lugares da Casabranca ou a xornada escola e polideportivo. Nela poderán participar mulleres e homes encadrados nas categorías Sub 20 , Sub 23, Senior -persoas nacidas entre 1991 e 2002-, Veterán A -do 1985 ao 1990- e Veterán B -nadas do 1975 ao 1984, Veterán C -nadas entre o 1974 e 1965 e Veteráns D nados no ano 1964 e anteriores, que neste caso teñen unha cota de inscrición de 5€.

Aínda que a X Carreira popular de Moeche volverá ser unha festa do deporte ao aire libre concibida para facer exercicio e pasalo ben, deixando nun segundo plano a parte competitiva, tamén haberá premios simbólicos: toda a rapazada, que levarán medalla, quede no posto que quede, e nas demais concederanse tres trofeos e outros tantos queixos doados por Lácteos Moeche, tanto en feminino como en masculino. A organización tamén reserva premios para as dúas persoas empadroadas no concello que rexistren os mellores tempos.

Todos os aspectos organizativos e loxísticos da popular modestina poden consultarse na web www.carreirasgalegas.com, a través da que se deberá facer obrigatoriamente a inscrición e efectuar o pagamento dos 5€ en concepto de participación na carreira absoluta. A inscrición inclúe a cobertura do seguro, o avituallamento, duchas no pavillón municipal, o gardarroupa, o agasallo de recordo da proba que levarán todas e todos os deportistas. O último día para apuntarse é o 18 de xuño ás 23:59 horas. Por motivos organizativos estableceuse un límite de 350 persoas.

A X Carreira popular de Moeche está organizada pola Concellaría de Deportes coa -colaboración de colectivos veciñais -A.VV Labacengos e  AVCR Val de Moeche, da Deputación da Coruña, de Protección Civil de Valdoviño e do Xeoparque do Cabo Ortegal. Ademais de Lácteos Moeche e FisiocheBen, tamén axudan (co avituallamento) A Tenda de Iria, A Tendiña de Moeche, o Supermercado O Cruce

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …