Deputación da Coruña e Concello de Cabanas crearán unha área de autocaravanas no municipio

Valentín González Formoso, presidente provincial, destacou que este “é un exemplo máis da colaboración da Deputación coas entidades locais”.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña e o Concello de Cabanas asinan un convenio de colaboración para a creación dunha área de servizo para autocaravanas no municipio, un proxecto que conta cun orzamento de 90.000 euros financiado na súa totalidade a través dos fondos europeos Next Generation, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O proxecto, que será licitado nas próximas semanas, inclúe a urbanización dunha parcela municipal que será acondicionada como espazo específico para o estacionamento e mantemento destes vehículos. A actuación contempla a dotación de servizos esenciais como puntos de abastecemento de auga potable, zonas para o baleirado de augas residuais e sumidoiros para a xestión adecuada dos residuos xerados polos usuarios.

Coa posta en marcha desta infraestrutura, preténdese dar resposta ao crecemento do turismo itinerante, ofrecendo unha alternativa segura e sostible tanto para os visitantes como para o entorno natural de Cabanas. A nova área permitirá concentrar o aparcamento de autocaravanas nun espazo habilitado expresamente, evitando así o estacionamento descontrolado en espazos sensibles desde o punto de vista ambiental.

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, indicou que “esta é unha mostra máis da colaboración da Deputación coas entidades locais que requiren do noso apoio inversor para poder darlle á veciñanza uns servizos que melloren a súa calidade de vida”. Formoso insistiu en que “respondemos ás demandas dun turismo sostible, que permita acoller a unha afección cada vez máis multitudinaria e que require de certa orde e servizos básicos que lles permita desfrutar desta práctica de maneira axeitada”.

O alcalde de Cabanas, Fernando Couce, agradeceu “a colaboración da Deputación para a creación deste párking de autocaravanas, unha das demandas da zona dado o incremento turístico experimentado nos últimos tempos”. Remarcou que “permitirá seguir incrementando os nosos servizos de cara aos nosos visitantes, seguir mellorando a oferta turística da comarca e favorecer o incremento económico sen sobreexplotar o territorio, perseguindo o obxectivo de lograr un turismo máis sustentable”.

Lea también

21 Leguas de Narón calienta motores

Más del 70% de las inscripción están vendidas. 101 kilómetros o 21 Leguas. Es la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *