Presentada unha única candidatura á IX Asemblea Comarcal da CIG de Ferrol

O proceso celebrarase este sábado, 14 de xuño, no Centro Cultural Carvalho Calero.

Archivo-1º de Mayo 2025

Este próximo sábado, 14 de xuño, terá lugar a IX Asemblea Comarcal da CIG de Ferrol na que participarán 159 delegados e delegadas que escollerán a nova Secretaría e a Executiva Comarcal, así como as persoas que formarán parte do Consello Confederal da CIG (máximo órgano de dirección da central sindical entre congresos).

Rematado o prazo de presentación, a este proceso concorre unha única candidatura para a Secretaría Comarcal, a de Xoán Xosé Galdo Regueiro, que deste xeito substituirá a Manuel Anxo Grandal Anca. De igual xeito, a lista encabeza por Galdo é a única que se presenta para a Executiva Comarcal e para a elección das persoas do Consello Confederal.

A IX Asemblea desenvolverase no Centro Cultural Carvalho Calero baixo o lema “A forza da nosa clase, traballo, dereitos, soberanía” e dará comezo ás 09:30 horas coa recepción e acreditación das persoas delegadas. O acto de clausura, no que intervirá o novo secretario electo, está programado a partir das 12:30 horas.

Durante o encontro tamén se debaterá e votará o informe de xestión da Executiva Comarcal saínte, no que se avalía o traballo sindical realizado nos últimos catro anos e se destaca o papel protagonista da CIG na conflitividade laboral e na mobilización social. É de subliñar o medre exponencial do 10,22% na representación que rexistrou a CIG neste tempo, pasando de 339 persoas delegadas en agosto de 2021 (39,15%) a acadar 403 representantes ao remate do ano 2024. É dicir, acadouse o 41,5% da representación na comarca de Ferrol, superando en máis de 20 puntos a UGT e en máis de 17 a CCOO.

Lea también

Los vigilantes de seguridad de Ferrol exigen protección ante el repunte de agresiones en centros sanitarios

El sector de la seguridad privada en Galicia ha denunciado este miércoles en Ferrol una …