Abertas as inscricións en Moeche no programa deportivo Verán en Acción

No verán en Moeche xa é tradicional a oferta municipal de actividades ao aire libre. Actividades deportivas para persoas adultas e para a xente miúda e andainas nocturnas xunto á programación cultural e turística e ó campamento de conciliación Sementeira.
 
Fuente Concello de Moeche

O programa Verán en Acción: natación, aquagym, tenis e ximnasia ao aire libre comezará en breve para dinamizar o período de verán. O prazo de inscrición a partir desde este xoves 12 de xuño, na Casa do Concello ou na Sede Electrónica municipal,  e as clases iniciaranse na primeira semana de xullo.

ACTIVIDADE

HORARIO

LUGAR

PREZO

Natación infantil

Iniciación: mércores e venres de 12.30 a 13.15 horas

Perfeccionamento: mércores e venres de 11.30 a 12.30 horas

Piscina municipal

15€/mes

Natación/aquagym persoas adultas

Luns e xoves de 12.00h a 13.00 horas

Piscina municipal

20€/mes

Tenis infantil (Ata 16 anos)

Luns de 11.00 a 13.00 horas (dous grupos dunha hora segundo o nivel)

*Mínimo para a súa realización 10 persoas inscritas

Pista de tenis e pádel de Abade

20€/mes

Exercicio físico no parque (maiores de 55 anos)

Martes e xoves de 10.30 a 11.30 horas

Parque biosaudable

(Casa do Concello)

12€/mes

9€/mes

(maiores 65 anos)

Inscrición; poderase facer a partir do xoves 12 de xuño, no Rexistro Xeral, na Casa do Concello, de luns a venres, en horario de atención ao público, de 08.30 a 14.00 h , ou ben na sede electrónica www.moeche.gal

Programa Camiñadas «entre lusco e fusco«

Este verán Moeche ofrece de novo as agradables rutas nocturnas do programa Entre lusco e fusco. As datas serán o 5 de xullo, sábado a partir das 21.30 horas, e o 9 de agosto, sábado, ás 22 horas.. Estas andainas son gratuítas, e só será necesario un foco ou lanterna, chaleco reflector, roupa e calzado axeitados e os menores deberán ir acompañados dun adulto. En canto ás rutas, en breve daremos os detalles polo miúdo Inscricións no correo:  daniel.feijoo@moeche.gal.

Información xeral na Concellería de Deportes e inscrición na Casa do Concello, de luns a venres de 8.30 a 14.00h ou ben na sede electrónica na web municipal; telefono 881 82 01.

Lea también

Neda obtiene una aportación autonómica para cofinanciar el servicio de socorristas de la piscina

Neda será uno de los 56 municipios de la provincia de A Coruña que se …