“As Pontes Ecuestre” bate todos os rexistros de participación

Sara Suárez Carro conquistaba a proba de 1.0 m do Concurso de Saltos Territorial.

Fuente Concello de As Pontes

“As Pontes Ecuestre” despide a súa terceira edición batendo todos os rexistros de participación, con preto dun centenar de saídas a pista no Concurso de Saltos Territorial e ao redor de 120 xinetes e amazonas inscritas na proba do Campionato Galego de Andadura.

O Lago das Pontes convertíase nunha das tres sedes da I Liga Ferrol-Eume-Ortegal, e os deportistas do Club local Prado Ventura, do ferrolán Equo Alalma e do ortegano Granxa do Souto buscaban a mellor clasificación para puntuar nesta nova liga entre clubs, patrocinada pola Deputación da Coruña. O público tamén respondía á convocatoria, e dende primeira hora da mañá ía achegándose ao Lago para desfrutar da competición hípica.

Ao seu remate, a concelleira de Deportes e Turismo, Elena López Seco; o director deportivo do evento, Federico Pérez Lago, e a presidenta do club organizador, Natividad González Laso, participaban na entrega de trofeos xunto aos edís de Industria, Ana Pena, e de Obras, Roberto Rivera, e máis a técnica deportiva de Prado Ventura, Noa García.

Fuente Concello de As Pontes

Así, no ránking clasificatorio, e no que atinxe ao Concurso de Saltos Territorial, Sara Suárez Carro con Rubio, proclamábase vencedora na proba de 1.0 m., e Julián Aneiros Quintiana con Gotham Calixto -de Prado Ventura- e Kessu Hollo con Rayo, quedaban en segunda e terceira posición respectivamente.

En 0.80 m, a primeira posición foi para Icía Porto Beceiro con Wakanda, e a segunda e terceira para Enma Mourente Figueras con Princesa e Uxía Cebreiros con Llust respectivamente. Nesta competición, a entrega dos premios nas probas menores realizábase ao mediodía, tralo concurso de xinetes e amazonas.

Fuente Concello de As Pontes

Na proba de andadura, estes foron os resultados:

Potros Serrada: Ceferino Gama con Pitufina JR (1º), Borja Rodríguez con Marbella Dolema (2º) e José Antonio Machado con Ariel (3º).

Potros Chapeada: Jonathan Lafuente con Farah (1º) e Sergio Rial Domínguez con Xiomara (2º).

-Sub16 (exaequo): Sara Suárez con Mauri, Mayra Gonçalves con First de Villabon, Brais Ricardo Conchando con Linda e Alejandro Blanco Pintos con Zapatero.

-Chapeada de menos de 1.50: José Ameneiros con Valenciano (1º), Jonathan Lafuente con Silver (2º) e Óscar Castro con Ícaro RF (3º).

-Chapeada de máis de 1.50: Luis Romaus con Cuasimodo (1º), Jaime Carro con In Alea Est (2º) e Adrián González Souto con Caudillo (3º).

-Serrada de menos de 1.50: Jaime Carro con Springhill Biltzer (1º), Darío Casas con Emerald (2º) e Ceferino Gama con Billy Boo II (3º).

-Serrada de máis de 1.50: Darío Casas con Dólar (1º), Kevin López con Gala (2º) e Ceferino Gama con Lucky Chef (3º).

O certame ecuestre, organizado polo Club Hípico Prado Ventura, contou un ano máis co apoio do Concello pontés e da Federación Hípica Galega, e por segundo ano consecutivo, as probas tiveron rango autonómico. Ademais, esta edición, “As Pontes Ecuestre” tivo na Deputación da Coruña un novo aliado, patrocinando a I Liga Ferrol- Eume-Ortegal.

Nesta liña, a técnica hípica Noa García, de Prado Ventura, agradecía a colaboración institucional, clave para facer realidade o certame, así como o respaldo do público, que animan á celebración de novas edicións.

Fuente Concello de As Pontes

Lea también

El Valdetires Ferrol cierra este 2025 este sábado en Esteiro ante Ourense Ontime “B”

Última función de este 2025 para el Valdetires Ferrol y lo hará este sábado en …