Marián Ferreiro recibe no Concello á nova comisaria de Ferrol-Narón, Cristina Ochoa

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, recibiu no Concello á nova comisaria de Ferrol-Narón, Cristina Ochoa, na que foi a primeira visita institucional a Narón. Na reunión estiveron tamén presentes o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o comisario principal xefe provincial Carlos Gómez.

A rexedora local deu a benvida á nova comisaria e ofreceu toda a colaboración do Concello para continuar traballando polo benestar da cidadanía. Ferreiro destacou a importancia da colaboración e coordinación que manteñen os Corpos da Policía Nacional e Local de Narón e valorou as xuntanzas que periodicamente se celebran para analizar diferentes asuntos vencellados á área de seguridade.

Lea también

Club Arco Narón conquista 1 Oro, 1 Plata y 2 Bronces en la 3ª jornada de la Liga Galega indoor

La 3ª jornada de la Liga Galega indoor 2026/2027 se ha celebrado en Taboadela (OU) …