Caldas de Reis, sede oficial do Campionato de España de Trail Running

Caldas de Reis será sede oficial do Campionato de España de Trail Running. A RFEA confirma as Sedes dos campionatos de España de Trailrunning para o ano 2026.

Fuente Federación Galega de Atletismo

A candidatura presentada pola Concellería de Deportes de Caldas de Reis, encabezada por Manuel Fariña, e o apoio da Federación Galega de Atletismo foi designada oficialmente sede para o próximo 15 de marzo donde se decidirán os títulos nacionais de Trailrunning para as categorías sub23, absoluto e masters.

 TRAZADO

O evento contará cun percorrido longo completamente renovado para esta edición, SHORT TRAIL, cun total de 43 km e 2.300 positivos conectando as cimas do monte Xiabre (que preside a Ría de Arousa) e o monte de Santa María. Un trazado en forma de 8 que enlazará os 3 elementos principais da zona: subidas e baixadas por enormes laxes (pedras do lugar), cursos de auga e carballeiras.

A saída e meta serán desde o propio casco histórico de Caldas de Reis, atravesado polo Camiño de Santiago; preparando para esta edición tan especial unha chegada a meta novedosa atravesando o Río Umia a poucos metros.

O trazado coronará o monte Xiabre, cruzará os ríos Umia, Bermaña, Folente e Ameixeiras; percorrerá o tunel de Segade, a Fervenza e a Ponte Romana así como elementos do patrimonio natural como Pedra Filga ou Pataca Cortada.

PREMIOS

A definir pola RFEA o Campionato de España porá en liza prazas codiciadas para os Europeos 2026, a maiores os campións e campioas absolutos optarán a uns premios en metálico á altura do evento que farán máis atractiva a proba. Tamén contarán con premios económicos as dúas distancias máis pequenas do evento; todo isto sumado ós múltiples sorteos dos que contará a proba e un reto especial de descenso técnico preparado pola organización.

EVENTO

O Trail Laxe dos Bolos dará o seu pistoletazo de saída o 14 de marzo coas probas para escolares e presentación de corredores. O día 15 será a proba grande (con 2 distancias inferiores abertas ó público) que se lanzará cara o Monte Xiabre a través da rúa Real e a ponte romana do río Bermaña… A maiores disporá dunha loxística especial para o seguimento en Streaming, zonas de acceso para animar e ver o evento así como desde o propio centro apostando por un plan adaptado a público con mobilidade reducida.

Fuente Federación Galega de Atletismo

UBICACIÓN

Caldas de Reis está conectada a poucos minutos dos Aeroportos de Compostela e Vigo así como da estación de Vilagarcía, contando coa loxística necesaria para albergar este evento. As prazas hoteleiras e a gran cantidade de albergues da zona farán posible acoller ós centos de deportistas que se despracen para o evento así como para adestrar nos trazados que se desvelarán por parte do comité organizador a partir do verán.

É para nós un pracer compartir esta designación de sede e brindarvos todo o apoio necesario para o seguimento do evento así como da accesibilidade a tódolos deportistas da xeografía española as maiores facilidades para acudir tanto a adestrar, recoñecer os percorridos como para acudir ás xornadas de competición.

Lea también

Esteban Díaz Pérez consigue el triunfo en la prueba absoluta de la “VIII Volta ás Forcadas”

Alrededor de 220 atletas de todas las edades participaron en las carreras desarrolladas en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *