O DegustAres 2025 pecha a súa IV edición co Restaurante Tarrafa como gañador

A concelleira de Comercio de Ares, Lucía Blanco, formalizou o peche do DegustAres 2025 o venres pasado no salón de actos da Alianza Aresana co último evento pendente de organizar: a entrega de premios aos gañadores desta ruta do pincho municipal. Con presenza dos locais de hostalería participantes e da veciñanza, Blanco desvelou aos tres finalistas.

Fuente Concello de Ares

Despois de contabilizar as 96 follas de valoración válidas por parte dos clientes participantes, o Restaurante Tarrafa revalida o seu primeiro posto como mellor tapa de Ares, que tamén acadou en 2024, coa súa proposta “Santa Catalina, Tierra de Sabores” (865 puntos), levándose un vale de 600 euros a investir no comercio aresán.

Séguelle no segundo posto a “Miniburguer Ártabra” (770 puntos), do CIRS Cervás, que recibiu un galardón de 500 euros, e completa o pódium o Casino Aresán co seu “Petiscos do Mar” (720 puntos) e un vale de 400 euros como premio.

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, estendeu os galardóns aos representantes dos tres negocios e felicitoulles polas súas propostas, “coidadas no sabor e na presentación”.

A edil aproveitou a ocasión para agradecer a involucración dos hostaleiros que participaron na cuarta edición do DegustAres “pola súa dispoñibilidade, compromiso e traballo”, así como da veciñanza e dos axentes colaboradores: bodegas de vinos Ismael Arroyo e Valdelana, Abanca, Coca Cola e a empresa local Bodegas y Vinos Ares.

Fuente Concello de Ares

PREMIOS PARA OS CLIENTES PARTICIPANTES

Durante a celebración do acto sorteouse un vale de 100 euros entre o público asistente, mais os premios para os clientes participantes non quedaron só nisto; a concellaría de Comercio tamén distribuiu outros 5 vales cun importe de 100 euros, xunto cun par de botellas de viño magnum (Ribera del Duero e Bodegas Valdelana, igualmente repartidas entre os hostaleiros participantes), nun segundo sorteo entre a veciñanza que depositou correctamente a folla de valoracións.

Lea también

Mugardos informa sobre los trabajos en curso para restablecer la iluminación afectada por los temporales

El Concello de Mugardos informa que continúa realizando intervenciones en distintos puntos del municipio para …