Verónica Bugliot Fernández e Juan Rejas Gabeiras vencen no 5K de San Sadurniño

Arredor de 400 deportistas participaron a pasada fin de semana nas distintas probas da X Carreira popular de San Sadurniño, unha das clásicas do athletismo amador da comarca. A raíña foi de novo a cronometrada de 4,9 quilómetros con saída e chegada no arboreto da Cortiña tras pasar pola Bidueda, Cornide e un tramo da estrada de Ortigueira.

Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo

Un trazado no que os mellores tempos os asinaron a cariñesa Verónica Bugliot Fernández -19’30»- e, por primeira vez na historia da carreira, un athleta local. E é que Juan Rejas Gabeiras, de Naraío e membro do Triatlón Ferrol, completou a rolda en 14’59», impoñéndose con máis dun minuto de marxe ao seguinte clasificado.

Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo

Rejas e Bugliot son atletas con experiencia que, porén, nunca correran por este circuíto e malia ganar comodamente, tamén comentaban trala proba que a súa facilidade era  enganosa, principalmente pola obriga de dosificar forzas na Bidueda -antes de subir a Cornide- e de non deixarse levar pola euforia do tramo final ao longo da AC-862, que discorre en baixada e, tras pasar o río, empeza un ascenso suave pero moi longo que acaba sendo unha auténtica criba.

«Pareceume unha carreira moi bonita, sobre todo a saída e chegada neste entorno tan espectacular á beira do río. É unha carreira moi rápida e dinámica porque non é todo chan. Temos dúas subidas, tanto a do quilómetro dous como a do final, que como veñas sen pernas… Vés de baixar e hai unha subida bastante potente e faise difícil neses tramos», comentaba a representante do Corzos de Ortegal, Verónica Bugliot Fernández, afeita a probas extremas como a XIV CAMOVI, na que resultou vencedora no apartado feminino.

Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo

O local Juan Rejas Gabeiras correu a maioría das populares de San Sadurniño, aínda que este trazado estreado en 2022 era a primeira vez que o facía. «A parte máis dúra fíxoseme cando se coroa Cornide, xusto antes da baixada. Aí as pernas pedían retirada», comenta o athleta de Naraío que participou recentemente no 10K Internacional de Laredo «ao que fun probarme a ver se facía marca persoal, e rexistrei un 30’44». Hoxe sacoulle 1 minuto 11 segundos ao seguinte clasificado masculino e rebaixou en case un minuto a marca do vencedor do ano pasado. Como curiosidade pódese comentar que a súa nai, Clara Gabeiras, fixo en 2024 o mellor tempo feminino de San Sadurniño.

Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo

A X Carreira popular de San Sadurniño foi todo un éxito organizativo, gracias á colaboración do persoal da Federación Galega de Atletismo, do club ciclista Biela e Chaveta e do apoio loxístico de Emesports, en cuxa web poden consultarse xa as clasificacións de todas as categorías. Ademais, no éxito tamén tivo que ver o speaker  Terio Carrera, animando a mañá con entrevistas e comentarios sobre a traxectoria dos nomes máis destacados e, máis que nada, dinamizando a proba en perfecta sincronía co persoal de cronometraxe para que o plan horario se fose cumprindo coa máxima precisión.

Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo
Fuente Concello de San Sadurniño/ foto César Galdo

A proba absoluta da pedestre sadurniñense botou a andar ás 11:30 horas e ás 12:21 horas pasou baixo o arco de meta o último dos 236 dorsais entregados a primeira hora. Os mellor clasificados do noso concello foron o propio Rejas en masculino e Catarina López Piñeiro -outra das fixas da carreira- en feminino, cun tempo de 27’22».

Antes da carreira de 4,9 quilómetros desputáronse as mangas Sub 16 e Sub 14 mentres que, tralo seu remate, o arboreto da Cortiña acolleu as probas de Sub 12, Sub 10 e a multitudinaria de Peques, na que houbo que facer ata catro saídas para que as criaturas máis noviñas non tropezasen. Os resultados de todas as categorías -agás a das nenas e nenos máis pequenos, que non eran competitivas- poden descargarse tamén nas seguintes ligazóns, xa que en Emesports poderían deixar de estar dispoñibles dentro dunhas semanas.

ABSOLUTA
ABSOLUTA M-F
CLASIFICACION POR CATEGORIAS
SUB 10
SUB 12
SUB 14
SUB 16

Lea también

Derrota sin consecuencias del BBCA masculino en su visita al Ensino

Intrascendente derrota del Costa Ártabra masculino en su visita al Ensino, en un anodino encuentro …