Este domingo se decide o podio galego dos 10K

Un total de 256 atletas (180 homes e 76 mulleres) toman parte este domingo 1 de xuño en Carballo a partires das 10:00 horas no Campionato Xunta de Galicia de 10K para as categorías absoluta, Sub23, Sub20 e máster.

Malia a ausencia da campioa galega absoluta do ano pasado, Uxía Pérez, si en cambio poderemos contar ca presenza do campión masculino dos 10.000 m. deste ano e gañador na pasada edición David de la Fuente do CD Pinarium, que intentará revalidar o seu título.

A maiores, estarán tomando parte polo concello carballés, algúns dos gañadores e gañadoras da pasada edición celebrada en Xinzo entre os cales se atopan Sofía Freaza do Comesaña na F40; María Tarrío do Compostela Atletismo e Ricardo Vázquez do ADAS CUPA na máster 45; José Suárez da SD Compostela na M60, así como Elvira Tresguerras do Atletismo Sar na F70.

A proba disputarase de maneira conxunta ca celebración da  XIII Carreira Popular Concello de Carballo 2025

Lea también

El Baxi Ferrol quiere avanzar en la Eurocup este jueves ante el GEAS italiano en A Malata

De los próximos cuatro partidos del Baxi Ferrol, tres de ellos serán en el Pabellón …