A base do club ferrolán participará nas probas de promoción do circuíto Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya.

O Club Triatlón Ferrol estará representado por sete deportistas nos campionatos de España de tríatlon olímpico por grupos de idade. Por unha banda, Manuel Pozuelo, vixente campión de Asturias da modalidade, terá que agardar ao propio sábado para saber se entra, desde a lista de espera, á competición de categoría elite ou ben se só poderá participar no seu grupo de idade de 20 a 24 anos.
No grupo de 30 a 34 competirán Martín Bellas e Tom González; no de 40 a 44, Chespi Pena e Luis Rilo; no de 45 a 49, Fran Pérez Vargas e no de 50 a 54 anos, Juanchi González e Marcos Caneiro.
As probas por grupos de idade desenvolveranse na xornada do domingo desde as 8:30 horas. Antes, o sábado participará a canteira do club departamental nas distintas saídas desde prebenxamín a categoría cadete das Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya.