Portos de Galicia e Mugardos, acordan a proposta para a reversión ó Estado de terreos innecesarios no peirao

O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a proposta de devolve ao Estado a zona de Punta Ratón e no seu caso trasladarse ao Concello en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP. O ente público autorizará a utilización da Casa do Reloxo como oficina de información turística.

Portos de Galicia e o Concello de Mugardos, acordaron a proposta definitiva para a reversión ao Estado dos terreos declarados innecesarios para a actividade portuaria no municipio. Así quedou de manifesto na reunión celebrada esta mañá entre o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e o alcalde mugardés Juan Domingo de Deus na sede do organismo portuario.

No encontro de traballo ambas administracións consensuaron a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado para que esta o transfira ao Concello de Mugardos dado o seu uso veciñal, de carácter público, e non restrinxido á actividade portuaria.  A proposta acordada baséase en criterios estritamente técnicos que foron ratificados previamente polo conselleiro do Mar coa Fegamp.

En concreto no caso do porto de Mugardos os terreos situados actualmente en dominio público portuario que a Xunta de Galicia proporá devolver ao Estado para a súa posterior transferencia ao Concello correspóndense coa explanada de Punta Ratón.

A reunión co Concello de Mugardos dá continuidade á celebrada días atrás cos do Grove, Poio, Rianxo, Laxe, Vilagarcía e A Illa de Arousa, dentro da segunda fase do procedemento de reversións, logo de que a Xunta remitise no mes de abril a Costas do Estado a declaración de innecesariedade dos terreos dos 10 portos que se incluíron na primeira fase.

Tras a ratificación polo Consello Reitor, a proposta trasládase á Consellería de Facenda para a súa elevación ao Consello da Xunta. Unha vez aprobadas polo Executivo galego, remitiranse ao Ministerio de Transición Ecolóxica para a súa tramitación e, no seu caso, aprobación final.

Lea también

O laboratorio de innovación rural pon o foco na Fusquenlla, a Asociación Brío e O Lavadoiro

A Casa da Cultura de San Sadurniño acolle este xoves o segundo encontro de traballo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *