Miño acolle este sábado a 8º edición da feira Primavera no Camiño Inglés

O Concello de Miño acolle esta sábado 31 de maio, a VIII edición da feira Primavera no Camiño Inglés, que volverá a reunir aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo nun gran evento organizado pola Asociación de Concellos do Camiño e a Deputación da Coruña co obxectivo de promocionar os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.

Unha gran carpa ubicada no parque da Rúa acollerá os 18 postos nos que os municipios polos que pasa o Camiño (Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago, ademáis da propia Deputación) darán a coñecer a súa variada oferta turística con diferentes actividades que incluirán actuacións musicais, actividades culturais e lúdicas para a toda a familia, showcooking en vivo e degustación de distintos produtos típicos coma a tortilla de Betanzos, o pan de Neda ou os queixos do Eume, ofrecendo aos visitantes un completo percorrido gastronómico polos sabores máis característicos do Camiño.

O evento será inaugurado ás 12.30 horas. coa presenza de alcaldes, alcaldesas e representantes de todos os concellos do Camiño e coa múisca das gaitas da Escola Municipal de Música do Concello de Abegondo.

Durante a mañá, haberá distintas degustacións de produtos como os queixos e requeixos de Campo Capela, a empanada, o pan e proia da panadería La Nueva de Neda. Durante toda a xornada estará tamén aberto o gastrobar, cunha ampla oferta gastronómica de produtos de proximidade a cargo do restaurante A Artesa da Moza Crecha, de Betanzos.

Pola tarde, a partir das 18.00 horas. Haberá showcookings de produtos locais a cargo do resturante Brasa de Beche, de Abegondo. Tamén pola tarde, a partir das 16.00 horas, haberá tempo para os monólogos e a improvisación teatral co espectáculo “Impro no Camiño”, a entrega de premios aos gañadores do V Concurso de Fotografía do Camiño Inglés ou a presentación do libro “Relacións históricas galaico-británicas: o Camiño Inglés a Santiago”, a cargo de Noelia Cacheiro e Cristóbal Ramírez, cronista oficial do Camiño.

Os máis pequenos terán tamén o seu espazo con actividades como ludoteca e obradoiros circenses infantís ou un obradoiro infantil para aprender a elaborar o pan de Neda. A tarde rematará coa actuación musical do grupo Arnela do Concello de Miño.

Lea también

Cariño acoge el IX Festival de Habaneras en el Auditorio Municipal

Participarán cinco agrupaciones diferentes, entre ellas la Rondalla de Cariño, que también celebra su XXX …