Susana Pedreira, álzase co premio do Concurso de Deseño de Carteis do Ares Indiano

A súa composición gráfica será a imaxe identificativa da celebración, un cartel que procura reflectir as figuras icónicas do Ares Indiano, dende os coches de época a personaxes singulares ou elementos arquitectónicos como a Escola do Porto. A Concellaría de Cultura desvelou hoxe tanto o fallo como o deseño gañador de Susana Pedreira entre as 25 propostas presentadas.

O Concello de Ares vén de facer público o fallo para o I Concurso de Deseño de Carteis do Ares Indiano 2025, despois da análise e deliberacións das 25 creatividades recibidas. Así, é a artista Susana Pedreira García, impulsora da marca de deseño gráfico Ovella Oliveira, quen resultou premiada nesta primeira edición.

A propia gañadora achegouse ó consistorio aresán para desvelar, xunto coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, o cartel premiado baixo o título Instantes indianos. A composición de Susana García, tal e como detallou ela mesma, “plasma o bulicio e os distintos elementos singulares do Ares Indiano: todo o movemento que xera na vila durante eses días, o ritmo nas rúas e as figuras icónicas referenciais da festa”, dende coches de época a personaxes singulares que transitan a vila durante a celebración.

No cartel tamén se inclúe un dos edificios que sintetizan o proceso migratorio de Ares, a Escola do Porto, onde agora se atopa a actual Biblioteca Municipal e que tan ben identifica ó pobo aresán en xeral. E a gama cromática da composición, de inspiración vintage, contribúe a viaxar á época e ó momento social no que se inscribe o Ares Indiano.

No acto Alma Barrón trasladou os seus parabéns a Susana Pedreira e salientou a “clara vontade de homenaxear á cultura e a instrucción indianas” do deseño, que será a peza máis visible do evento, ademais de que “malia o anonimato da selección, o premio fica no municipio, porque tamén temos aquímoito talento artístico”.

Lea también

Chega a Cedeira “Vitória”, o retrato autobiográfico de Iria Pinheiro

O Auditorio Municipal acollerá a obra o sábado e será escenario o domingo dun festival …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *