As Pontes estrea un punto de renovación do DNI electrónico

O Concello das Pontes conta cun punto de Actualización de Documentación (PAD), unha iniciativa da Policía Nacional, posta en marcha noutros sete municipios da provincia da Coruña, coa que se busca facilitar á cidadanía a renovación dos certificados dixitais do DNI e a modificación das contrasinais.

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso apunta que «na actualidade, para renovar o certificado dixital vinculado ao DNI e as chaves de acceso era preciso desprazarse ata Ferrol, Viveiro ou a Coruña. Aínda que o DNI se renova cada cinco ou dez anos, en función da idade da persoa titular, o certificado dixital asociado ao DNI debe renovarse cada dous anos, esta renovación agora poderá facerse de maneira rápida, segura, sen saír das Pontes, axilizando así trámites que antes esixían acudir a unha comisaría da Policía Nacional»

O PAD é un terminal provisto de pantalla táctil e teclado para renovar as claves do DNI de forma rápida. Para a renovación dos certificados electrónicos é necesaria a presenza física do titular do documento e a comprobación da identidade do mesmo a través da lectura da súa tarxeta do DNI electrónico e os persoais biométricas (impresións dactilares), capturadas durante no proceso de expedición do DNI, polo cal poderá desencadear de forma autónoma o procedemento de renovación dos seus certificados electrónicos ou realizar o cambio do contrasinal de acceso.

Tamén poden ser utilizadas por persoas con mobilidade reducida, tendo en conta que se pode variar a altura dos mesmos. O seu uso é totalmente gratuíto e non require de cita previa, permitindo o acceso a través da tarxeta do DNI electrónico (tarxeta física), e mediante un lector da pegada dactilar.

Lea también

Puesta en marcha en Ferrol del saneamiento en la zona rural

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, junto con los concejales de la zona …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *