Narón acolle a presentación do poemario “Íntimos rincones” de Maite Gascón

A sala multiusos da Biblioteca municipal de Narón acolle este venres 23 a presentación do poemario “Ïntimos rincones”, da autora Maite Gascón, natural de Guijuelo (Salamanca).

Esta publicación é a súa obra máis recente, un libro que reúne 200 haikus de ton xenérico e intimista, nos que a autora explora emocións e sensacións cotiás a través da delicadeza e a precisión formal deste estilo poético tradicional xaponés. O acto dará comezo ás 18:30 horas e está aberto á asistencia de público en xeral, tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro. Nas súas páxinas, a obra mantén a estrutura clásica do haiku, composta por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente.

Maite Gascón, veciña na actualidade de Mugardos, cultiva dende moi nova unha fonda paixón pola literatura, especialmente pola poesía, xénero do que ten varias publicacións dirixidas tanto a público adulto como infantil. “El tren de la poesía” e “Unas vocales muy divertidas”, orientadas a público máis novo, son algunhas das súas obras.

A autora estará acompañada no acto de mañá da tamén escritora Julia Graña e ao remate da presentación as persoas que o desexen poderán adquirir un exemplar da publicación.

Lea también

Club Arco Narón conquista 1 Oro, 1 Plata y 2 Bronces en la 3ª jornada de la Liga Galega indoor

La 3ª jornada de la Liga Galega indoor 2026/2027 se ha celebrado en Taboadela (OU) …