A Academia AresXSalud remata coa súa programación cunha sesión orientada ás ceas saudables

A Academia AresXSalud encara a súa última actividade do curso 2024-2025 poñendo o foco na promoción de hábitos saudables no eido da alimentación. A iniciativa do Concello, centrada na divulgación de coñecementos da man de diferentes expertos que se achegan mes tras mes á localidade aresá, promoverá a súa sesión final o vindeiro venres, 6 de xuño, de 18:30 a 20:30 horas na Alianza Aresana.

E desta volta, Ares recibirá a visita de Eva Pazos, docente na escola gastronómica ‘Oído Cociña’, para que durante dúas horas amose as posibilidades á hora de facer ceas moitomáissaudables no día a día da veciñanza, a modo de showcooking. Pazos afondará en receitas de pratos divertidos e equilibrados que se poden incorporar facilmente como un hábito a longo prazo para mellorar o benestar xeral das persoas.

A actividade, materializada a partir da coordinación do Concello de Ares, REGAPS Ferrol e a Asociación de Diabetes de Ferrolterra, precisará de reserva previa en liña, enchendo o formulario que se atopará dispoñible na web municipal, www.concellodeares.gal. Habilitáronse 15 prazas e, segundo a información que se achega dende a organización, o obradoiro destínase a empadroados en Ares, con especial énfase nas familias, de forma totalmente gratuíta.

O proceso de inscrición estará aberto ata o 28 de maio.

Lea también

As Pontes estrea un punto de renovación do DNI electrónico

O Concello das Pontes conta cun punto de Actualización de Documentación (PAD), unha iniciativa da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *