Ferrol homenaxea ás cantareiras e á poesía oral con motivo das letras galegas

A programación prevista inclúe tamén outra homenaxe na AVV de San Xoán Filgueira e os concertos de Milladoiro, o sábado 17, e de Rosa Cedrón, o domingo 18.

O Concello de Ferrol ten previsto dous actos para conmemorar este sábado 17 de maio o Día das Letras Galegas, que homenaxea este ano á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

«Agarimo» en Canido- Foto de archivo

O primeiro destes actos celebrarase pola mañá na praza de Rosalía de Castro, organizado pola concellería de Cultura e a AVV de San Xoán Bertón. A homenaxe ás cantareiras e á poesía oral comezará a partir das 12 horas coa intervención da licenciada en Filoloxía Galega, Aurora Valentina, que falará acerca de importancia da conmemoración desta xornada. A continuación, haberá un recital de poetas ferroláns e poetisas ferrolás, aos que seguirá a actuación do grupo de gaitas de Agarimo.

A partir das 17.00 horas, as actividades levaranse a cabo no local da AVV de Esmelle nun acto, organizado polo Concello de Ferrol e Agrupación das AVV do Rural. No transcurso do mesmo actuarán o grupo de cantareiras Gradaílle do Real Coro Toxos e Froles, o grupo Encrucillada e pechará o Real Coro Toxos e Froles, ademais realizarase unha lectura da vida e obra das homenaxeadas.

Ademais, dende a concellería de Cultura están previstos dous concertos no teatro Jofre. O sábado 17 ás 20.30 horas actuará Milladoiro, coa súa xira polo seu 45 aniversario, e o domingo 18 subirase ao escenario Rosa Cedrón a partir das 19.00 horas.

Lea también

Este miércoles empezarán los trabajos de emergencia en el edificio en ruinas en la calle Río Novo

Este sábado tuvo lugar un nuevo derrumbe interior en un edificio abandonado en Ferrol Vello, …