Campamento gratuíto en Ares para aprender sobre tecnoloxía de forma creativa e segura

A Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Ares acolle durante finais de xuño e todo xullo unha programación centrada na mocidade aresá de 9 a 17 anos. O Concello e a Fundación Esplai organizarán ‘Cri-TIC: Infancia e xuventude con criterio dixital’, un campamento totalmente de balde para que a rapazada poida aprender a empregar a tecnoloxía de forma segura, creativa e divertida.

O campamento servirá para que entren en contacto, en horario de mañás, coa intelixencia artificial e as súas posibilidades de creación, a robótica, a programación ou a realidade virtual, enfatizando o carácter lúdico desta proposta, pero tamén haberá espazo para o eido educativo, formando á mocidade en ciberseguridade e uso responsable e consciente da tecnoloxía. Unha forma de aprender, experimentar e divertirse no mundo dixital.

As inscricións están dispoñibles ata o 2 de xuño, sendo preciso contactar co correo electrónico irene.ferreira@fundacionesplai.org para especificar o nome, apelidos e idade dos rapaces que desexen sumarse ó campamento.

Dispóñense 4 grupos con diferentes datas de actividade e horarios, cada un con 12 prazas que se cubrirán por orde de inscrición á iniciativa.

DATAS E HORARIOS:

De 9 a 13 anos
Grupo 1: 23 a 30 de xuño (de 9 a 14:00 h.)
Grupo 2: 1 a 10 de xullo (10:00 a 14:00 h.)
Grupo 3: 24 a 1 de agosto (9:00 a 14:00 h.)

De 14 a 17 anos
Grupo 4: 11 a 22 de xullo (10:00 a 14:00 h.)

Máis información do proxecto en: https://fundacionesplai.org/que-hacemos/proyectos/cri-tic-infancia-y-jovenes-con-criterio-digital/

Lea también

Valdoviño refuerza el control sobre el agua para combatir la situación de prealerta por sequía

Mantiene una reunión de trabajo con Veolia en la que acuerda intensificar la campaña de …