Ferrol acolle unha nova edición de frores cuberto

A concelleira de Educación e Universidade de Ferrol, Patricia Cons, saudou este venres 9 de maio aos escolares que están a participar na VII edición de Ferrol de frores cuberto, na praza de España. 

Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística Ferrolterra. Nesta edición participaron os alumnos de educación infantil e primaria dos colexios Lestonac, Jesús Maestro, Ludy, Terra de Ferrol, Ledicia, Cruceiro de Canido, Ángela Ruíz Robles e Compañía de María.

“É unha ledicia ver como cada ano contamos coa participación dos máis pequenos nesta festa dos maios, recollendo as nosas tradicións e apostando por conservalas e divulgalas”, trasladou a concelleira.

Lea también

Ferrol promociona su oferta turística en la Semana Verde de Galicia, en Silleda

El Concello de Ferrol participa un año más en la Abanca Semana Verde de Galicia, …