A alcaldesa de Narón recibe a Marcos López Balado, dobre subcampión no Cto de Europa de ISKA de Kicboxing

A alcaldesa de Narón Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron no Concello ao naronés Marcos López Balado, dobre subcampión no Campionato de Europa de ISKA de Kicboxing celebrado hai uns días en Malta.

Ferreiro e Santalla interesáronse pola experiencia de Balado nesta competición, o seu primeiro campionato europeo e no que acadou un excelente resultado.

Balado explicou que participaban deportistas de 24 países, uns 800competidores e valorou o feito de poder presentarse ao campionato mundial que se celebrará en Australia. O naronés practica dende hai varios anos este deporte de combate de orixe xaponés, no que se misturan técnicas de patadas de algunhas artes marciais con outras propias do boxeo.

A rexedora local asegurou que é un orgullo para a cidade que os e as deportistas de Narón poidan proxectala en cada competición na que participan, grazas á súa implicación e constancia, e desexou sorte a Balado para a competición mundial.

Lea también

O pleno de Narón aproba un expediente de modificación de crédito

O goberno local de Narón aprobou na sesión plenaria ordinaria un expediente de modificación de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *