A alcaldesa de Narón despide ó comisario xefe da Policía de Ferrol-Narón

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron no Concello ao comisario Javier María de Loresecha, que cesa do cargo na Comisaría de Ferrol-Narón para pasar a segunda actividade.

O comisario asumiu en xuño de 2023 o cargo nas citadas dependencias policiais. Na xuntanza estiveron tamén presentes o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o Oficial José Antonio Carballido. A alcaldesa agraceceu o seu labor durante todos estes anos e o seu compromiso coa seguridade, ao tempo que destacou a súa dilatada traxectoria profesional nos máis de trinta anos de servizo ao Corpo. Así mesmo, desexoulle que desfrutase desta nova etapa vital.

Lea también

Lucas Pérez convidado de luxo en Narón na entrega de diplomas do campus Xoán Ramos

A alcaldesa Marián Ferreiro e o edil de Deportes, Ibán Santalla, acompañaron o futbolista de …